Obradoiro Ambiental sobor flora exótica invasora (AMABUL)

 

O alumnado de 1º Bacharelato, 4º e 1º da ESO asistiron a tres obradoiros (un por curso) sobre flora exótica invasora a cargo da asociación AMABUL. Ditas charlas didácticas viñan acompañadas do préstamo, durante o período entre os coloquios, de paneis informativos e explicativos das causas máis comúns que orixina a colonización das principais especies invasoras en Galiza, sobre todo no curso dos ríos. Tamén tratouse de medidas a considerar de xeito colectivo e individual na loita contra esta invasión lenta e constante. O alumnado gozou e participou dunha actividade final a modo de xogo de mesa no que tiñan que encher e recoñecer por grupos (5 en total) as especies e medidas preventivas e correctoras mencionadas previamente.



Comentarios