Charla co escritor José Carou Rey


O alumnado do club de lectura de 2º e 3º de ESO mantivo un encontro co autor José Carou Rey na biblioteca do centro na tarde de hoxe. O autor do libro O libro secreto da filosofía realizou un repaso, ameno e divertido, da traxectoria dalgúns dos filósofos máis importantes da historia da filosofía (Sócrates, Aristóteles, Hipatia, Descartes, Kant, Nietzsche e Simone de Beauvoir) e reflexionou sobre o proceso de creación da súa obra.


José Carou é profesor de Filosofía no IES Praia Barraña de Boiro. Publicou as novelas Desvelando a Ademar Escambia (Premio Antón Avilés de Taramancos, 2019) e O Bebedizo de Lúa (premiada no Lueiro Rey, 1997). Tamén é autor do poemario Hemisferio auga (2021) e do inclasificable Relatos da incorrección (2021).

Comentarios