Charla sobre reciclaxe individual, preparación de residuos e compostaxe

O alumnado de 1º Bacharelato de Bioloxía e Xeoloxía e a súa profesora recibiron unha charla-coloquio sobre reciclaxe, coordinada pola Concellaría de Educación e Medio Ambiente do concello de Padrón, pola iniciativa do Concello de Santiago que organiza charlas deste tipo. Foi unha proposta do noso Concello para festexar o Día Mundial do Ambiente. Primeiro concienciáronnos da necesidade de reutilizar e reducir os residuos para unha menor reciclaxe individual e colectiva. Despois, repasamos o tipo de lixo que vai segundo a cor do recipiente. Cada alumnado participou nun xogo dunha “ruleta de reciclaxe e cores. Por último, déronnos unas nocións para introducirnos na compostaxe individual e saber como construír un compostador.

Comentarios