Para este venres 21 de xuño, peche do curso escolar 2023-2024, o profesor de Xeografía e Historia, Francisco J. Pérez, elaborou un xogo destinado ao alumnado de 1º e 2º da ESO para as tres últimas horas da xornada, no que precisou a colaboración do profesorado. A intención do mesmo, ademais de pasalo ben nunha serie de probas, era coñecer algúns datos importantes da historia do noso IES durante estes últimos cincuenta anos.
A cuarta hora da mañá, a rapazada dirixiuse ao ximnasio onde recibiron as indicacións pertinentes e formaron grupos de cinco.
Despois do recreo, tiveron dúas horas para responder vinte preguntas sobre o IES e realizar tamén vinte probas diversas, entre elas, empregar o corpo para facer a figura do número 50.
Pasárono moi ben recorrendo o espazo escolar por dentro, por fora, subindo, baixando, correndo, buscando ao profesorado que precisaban para obter a confirmación das súas respostas... Un divertido final de curso!
Comentarios
Publicar un comentario