Premios e agasallos no IES Camilo José Cela

No primeiro recreo do martes 4 de xuño entregóuselle o premio á portadora do boleto que coincidiu coas tres últimas cifras do sorteo do cupón da Once do 17 de maio deste ano. Os boletos vendéranse para axudar ao alumnado de 1º Bacharelato á viaxe a Altamira, Atapuerca e Valporquero, viaxe conxunta e programada polos departamentos de Filosofía e Xeografía e Historia. A afortunada foi Lucía Quintáns Janeiro de 1º BAC.

Esperamos que goce do agasallo. Noraboa!

Temos que mencionar o concurso Prensa Escuela de La Voz de Galicia onde os alumnos de 1º Bacharelato B quedaron finalistas na categoría provincial. Presentaron unha reportaxe sobre os novos biocombustibles para a aviación, feitos a partir da remolacha e o millo. Na busca de información recibiron as visitas de Elena Blanco, científica que participou na creación do biocombustible; Antonio de la Mata, comandante de Air Europa e Ana Belén Castro, axente forestal.

O premio estivo disputado entre o gañador (CPI Cernadas de Castro, de Lousame) e nós, que quedamos de segundos clasificados.

Foi unha experiencia moi interesante, tanto a recollida de información como a participación no concurso.


Dous días despois, entregáronse diplomas e agasallos ao alumnado partícipe na XXIX edición do concurso "Canguro Matemático", que organiza a Federación Española de Sociedades de Profesores de Matemáticas. Celebrouse a proba o 21 de marzo no centro e contou con 25 participantes de distintos niveis da ESO e Bacharelato.

Tras coñecer os resultados, hoxe, 6 de xuño, fíxose a entrega de diplomas a todos os participantes na biblioteca, dando tamén á maior puntuación de cada nivel un pequeno agasallo. Os premiados foron: de 1º BAC., Xian Rial; e da ESO: Gabriel Pardal de 3º, Iria Jiménez de 2º e Lucas García de 1º , gañador do seu nivel e o gañador total no noso IES con 82 puntos (o máximo eran 120).



Comentarios