Charlas sobre Educación Sexual

 

O proxecto "De bo rollo!" está pensado para ofrecer unha educación sexual básica adaptada a cada curso escolar e ás idades, de forma gradual. En cada curso se traballan diferentes contidos, todos eles seguen a liña de cumprir cos obxectivos xerais da educación sexual, que son: coñecerse, aceptarse e expresarse satisfactoriamente. O noso programa de educación sexual ten como eixes transversais o autocoñecemento do corpo, a xestión das emocións, o bo trato, a ética relacional, a responsabilidade afectiva e a autoestima. Traballa a comunicación asertiva, a posta de límites e a negociación, para garantir as relacións desexadas, libres de coacción e de violencias. 


 No IES Camilo José Cela levouse a cabo este programa en todos os cursos e en todas as liñas. O resultado foi moi positivo, destacando a cantidade de dúbidas que tiñan e algunhas situacións que saíron á luz, unha vez xeramos espazos seguros para falar sobre as sexualidades. No resultado das enquisas de satisfacción, destacouse a necesidade e a demanda de ter máis educación sexual, xa que en 100 minutos é imposible falar de todos os temas que preocupan ao alumnado.

E o vindeiro 19 de novembro teremos unha sesión para familias de 18:15 a 20:15. É o mesmo día das votacións ao consello escolar do centro, así que animádevos a votar e de paso vides ao ao obradoiro! Achegamos o cartel.


Comentarios