O pasado xoves 24
de outubro, o alumnado de Economía e Emprendemento de 4º de ESO e o de Empresa e Deseño de Modelos de
Negocio de 2º de Bach, participou nunha scape
room organizada pola fundación Mafre. A actividade consistiu en resolver o
seguinte reto: desactivar unha orde de pago errónea feita desde unha aplicación
móbil. Para logralo tiñan que abrir o maletín que contiña as pistas necesarias
para obter o IBAN e o número de pasaporte, datos necesarios para a anulación da
orde de pago.
Comentarios
Publicar un comentario