O martes 15 de outubro e o mércores 16 de outubro, o stand do INCIBE (Instituto Nacional de Ciberseguridade) está instalado no Salón de Actos do IES Camilo José Cela. Estará a disposición do alumnado polas mañás e do público en xeral polas tardes. As persoas que o visiten poderán desfrutar dunha formación interactiva e amena sobre a necesidade da navegación segura nas redes.
O INCIBE é unha empresa pública que ofrece formación, asesoramento e servizos para a mellora da ciberseguridade. No stand ofrécese unha información moi valiosa para a navegación e uso seguro das redes, que será de moita utilidade para o estudantado e as persoas usuarias en xeral.
Comentarios
Publicar un comentario