O 24 de outubro tivemos a visita de Borxa, de @orgullogalego, quen nos falou da situación do galego nas redes. As súas reflexións sobre a escolla do galego como lingua en Internet foron moi interesantes e despertaron o interese do alumnado de 4º de ESO sobre a necesidade de manter a nosa lingua viva nas redes.
Esta charla, programada polo EDLG do noso centro, serviu para dar a coñecer unha comunidade que xurdiu en redes en 2016 co obxectivo de divulgar a nosa lingua e normalizar o seu uso nas redes sociais. Orgullo galego foi medrando pouco a pouco desde aquela e creando cada vez máis contido, ao tempo que foron diversificando a súa presenza e múltiples plataformas: Facebook, Instagram, Twitch, Tik Tok...
Comentarios
Publicar un comentario