Relatos de terror no Samaín

O 29 de outubro celebramos o Samaín cunha tradicional quedada na biblioteca con De súpeto, onde lemos contos de terror. O espazo estaba moi ambientado e acorde coa celebración...


O alumnado de 1º e 2º de ESO desfrutou das lecturas e dos contos: non perderon detalle e mantivéronse nunha expectante tensión. A maioría do alumnado botou man do folio para a lectura pero outros e outras animáronse coa narración oral!


Como é habitual, os relatos estiveron cheos de sangue, desaparicións, sepulcros, seres estraños, covas, persecucións, carreiras e sombras. Xurdiron historias orixinais con melodías terroríficas, nenos de ollos profundamente negros, nais asasinas... ata xirafas monstruosas!

Os premiados e as premiadas foron Henrique Martínez Bouzón e Noemí Dios Blanco en 1º de ESO e Ernesto Nahuel García Losada e Paula Romero Losada en 2º de ESO.

E, para a entrega de premios, apareceu a noiva cadáver, Astrid Ivanoff Guzmán!


 



Comentarios