No marco do programa KTORCE 18, o martes 8 de outubro visitou o centro a Asociación Arela, co obxectivo de ter unha charla de dúas horas con cada un dos grupos de 1º de ESO, sobre o tema do acoso.
Abordaron o concepto de acoso nas súas múltiples versións (social, escolar, físico, verbal, sexual...). O alumnado participou na charla ofrecendo as súas reflexións e visionaron vídeos con situacións reais e ficticias. Entre eles foi moi emotivo o do ex-xogador de baloncesto Iñaki Zubizarreta ou o videclip do rapeiro e actor El Langui, coa canción "Se buscan valientes".
A monitora, Zaira Santos, presentou dúas sentenzas xudiciais verídicas para que tomasen conciencia das problemáticas que xera esta actitude de abuso. O alumnado rematou chegando ás súas propias conclusións.
Comentarios
Publicar un comentario