Como todos os anos, o IES Camilo José Cela quérese sumar este 25N ao berro colectivo contra a violencia machista. Achegámosmos un vídeo con imaxes de actividades realizadas polo noso alumnado para conmemorar este día.
Ademais, durante toda a semana do 25N, o alumnado de todos os grupos foi realizando nas horas de titoría unha actividade nos corredores da planta baixa, organizada por Fran, profesor de Xeografía e Historia. Nesta actividade, tiñan que procurar información e facer unha análise sobre vítimas recoñecidas e non recoñecidas da violencia machista, nuns paneis dispostos nas paredes. Achegámosvos o enlace coa información das mulleres sobre as que tiveron que investigar e fotos da actividade.
Comentarios
Publicar un comentario