O pasado xoves 21 de novembro, o alumnado de Economía e Emprendemento de 4º de ESO asistiu a unha charla impartida por unha funcionaria de Facenda. Nela expuxo a importancia de que o Estado poida engrosar os seus ingresos para que logo os cidadáns contemos con toda unha serie de servizos públicos que melloran o benestar social: ensino e sanidade públicos, pensións, forzas de seguridade, bolsas de estudo... Tamén puxo de manifesto a importancia de combater a fraude fiscal: a persoa que evade impostos prexudícanos a todos os cidadáns.
Comentarios
Publicar un comentario