O xoves 21 de novembro, o alumnado de 2º de ESO acudiu á Coruña
a unha conferencia sobre a prevención do acoso escolar impartida por
Jero García, campión de españa de boxeo e presentador do programa Hermano mayor.
Jero García asegura que os nenos e as nenas que cometen
"bullying" están cada vez máis desnaturalizados/as, máis
deshumanizados/as, e que non empatizan coa dor que cometen. Tamén
lembrou que, cando se lles pregunta aos e ás menores, unha persoa de cada cinco
asegura sufrir algún tipo de violencia. O maior cómplice destas
violencias é, di o relator, «o silencio». Remarcou
a importancia de informar e denunciar sobre o acoso xa que o bullying
segue sendo un problema de primeira orde.
Comentarios
Publicar un comentario