O alumnado de 2º de ESO asistiu o 11 de novembro á Festa do Cine Francófono da Alianza Francesa para a mocidade, Fiestinema. Antes de asistir, o profesor de Xeografía e Historia, Fran Pérez Boo, mostrounos algúns aspectos curiosos de Santiago de Compostela, falándonos das antigas murallas da cidade ou de personaxes característicos como as chamadas "Dúas Marías", que posúen unha coñecida estatua no Paseo da Alameda.
Pouco despois, os alumnos e as alumnas presentáronse no IES Rosalía de Castro, para a proxección en VO da película La Petite Bande, de Pierre Salvadori, unha historia enxeñosa dun grupo de adolescentes que tratan de salvar un río da contaminación. A película conseguiu captar a atención de todas e todos, resultando trepidante, entretida e con divertidos gags. Ao final houbo grandes aplausos.
Comentarios
Publicar un comentario