Bo Nadal e Feliz 2025

Despedimos o ano e comezamos o Nadal cun torneo de brilé, desputado entre equipos de todos os cursos. Tamén o profesorado se animou a formar un equipo, malia que saíron derrotados perante o alumnado de 1º de Bacharelato. Tamén seleccionamos a postal de Nadal, resultando gañadora do concurso Astrid, de 4º ESO B.

O alumnado de 1º ESO anticipou o Nadal co seu tradicional achegamento á oficina de correos para enviar as cartas pedindo os agasallos. Acompañou unha peculiar Mamá Noel.


 O profesorado sumouse á benvida do Nadal realizando unha foto no vestíbulo do centro.

E para rematar a mañá, aproveitamos para despedir unha profesora entrañable, que se xubila despois de moitos anos no centro, os últimos cinco como Xefa de Estudos: Sonia Gey recibiu o cariño dos seus compañeiros e compañeiras nun xantar de despedida. Desfruta a merecida xubilación, Sonia!



Comentarios