Nanotecnoloxía

O 18 de decembro o alumnado de 4º de ESO e de Bacharelato, no marco do programa A Ponte da USC, asistiu á charla NANOTECNOLOXÍA: REALIDADE OU FICCIÓN, onde o Dr. Francisco Fraga, do departamenteo de Física Aplicada da USC, sorprendeu o alumnado das opcións de ciencias e tecnoloxía contando os últimos avances desta disciplina.

Tivemos ocasión de descubrir como a nanotecnoloxía pode cambiar moitos aspectos da vida cotiá pola súa aplicación á prevención e tratamento personalizado de enfermidades, produción de enerxía de orixe renovable ou a produción de alimentos máis saudables.
O discurso do profesor, auténtico experto na materia, foi moi ameno e contounos tamén, en primeira persoa, moitas anécdotas que lle sucederon relacionadas co seu traballo.


 

Comentarios