Encontro con Pablo Potel

Nada máis regresar das vacacións de Nadal, o alumnado de Bacharelato tivo un encontro cun exalumno do centro que se ofreceu a compartir a súa experiencia laboral e profesional: Pablo Potel Mariño. Pablo rematou os seus estudos de Bacharelato no IES Camilo José Cela no ano 2014 e posteriormente cursou Exeñaría Química na USC.

Na charla, que captou o interese de todo o alumnado, Pablo fixo un repaso da súa traxectoria académica e da súa experiencia profesional, que o levou a Dinamarca, país no que traballa desde hai tempo no eido da enxeñaría química do tratamento de datos. Ofreceu unha visión próxima da súa experiencia, que fixo que o alumnado observase as súas perspectivas de emprego e formación. A xuntanza rematou cunha animada rolda de preguntas.



Comentarios