O 13 de febreiro, o alumnado de 4º de ESO desprazouse á Serra de Outes para celebrar a primeira fase comarcal zona sur de
Xogade -Bádminton. Participaron coa categoría cadete masculino
e feminino. Nesta competición o alumnado desputou partidos a 21
puntos contra outros centros da contorna (Noia, Pobra do Caramiñal,
Boiro…).
Quedaron moi felices e con moita motivación de participar por vez primeira nesta modalidade deportiva. Volveron á casa con vitorias, derrotas e un clasificado…pero sobre todo cunha maior aprendizaxe!
Comentarios
Publicar un comentario