Día de Rosalía

Un ano máis, o IES Camilo José Cela sumouse ás múltiples celebracións do 23 de febreiro, Día de Rosalía, que xa está consolidado como unha cita imprescindible no calendario escolar.

Nesta ocasión, contamos coa colaboración de Íker, caracterizado como a propia Rosalía, que puxo en escena unha adaptación dun coñecido poema de Cantares Gallegos xunto con Sandra e acompañados ambos das pandeireteiras do Cela.

Para que poidades comprobar a orixinalidade da actuación, que foi posta en escena en todas as clases e niveis, aquí vos ofrecemos un vídeo cun pequeno fragmento:



Comentarios