O xoves 13 de febreiro, con motivo da celebracióno do Día da Muller a a nena na Ciencia, achegouse ao noso centro a matemática Victoria Otero Espinar, recoñecida investigadora, profesora da USC e ex-decana da facultade de Matemáticas desta universidade.
A científica conversou co alumnado de 1º e 2º de Bacharelato sobre a súa traxectoria e as dificultades de construír unha carreira científica para as mulleres, que atopan máis trabas que os homes. Ao final, mesmo houbo cabida para un breve coloquio.
Comentarios
Publicar un comentario