Exposición do alumnado de Expresión Artística de 4º de ESO

 

Os alumnos e as alumnas do IES Camilo José Cela da materia de expresión artística de 4º da ESO expoñen os seus stencils a spray expresando as súas reivindicacións de cara a unha presente realidade que lles gustaría trocar.

Para isto, fan visibles as súas obras creadas coa técnica que grafiteiros/as e artistas do street art popularizaron en numerosas rúas do mundo. A técnica consiste en crear unhas bases de plantillas previamente troqueladas sobre cartolinas e que son posteriormente pulverizadas con spray sobre superficies expostas aos transeúntes, neste caso sobre cartóns ou lenzos previamente pintados de gris. Esta técnica permite repetir a imaxe tantas veces como considere o/a artista, incluso cambiando as cores. Ten unha rápida execución e podería ser aplicada por outro individuo diferente ao creador/a. Todas son vantaxes cando non se dispón de moito tempo para ser directo, tratar de chegar a moitos receptores e facer que estes reflexionen participando na comunicación universal da imaxe.

 


Comentarios