Innovart 25

O pasado 7 de febreiro, o alumnado de 3º e 4º de ESO tivo a oportunidade de participar en INNOVART 25, un evento, na cidade da cultura de Santiago, que aglutinou as ensinanzas artísticas, as de idiomas e as deportivas que se imparten en Galicia. Nel atoparon mostras e exhibicións das distintas ensinanzas (gravado, olería, xoiería, deseño de moda, esgrima, vela, ballet, baloncesto, cultura xaponesa, chinesa...), e tamén puideron escoitar concertos de música de cámara e ver espectáculos de danza en directo. 

Todo iso estivo concentrado nun espazo de dous andares, polo que o alumnado tivo liberdade para moverse de xeito que cada quen puido achegarse ao que máis fose co seu gusto. E non só iso, senón que parte do noso grupo puido desfrutar nos obradoiros de Luz-ete: retrato dixital, Termoformado e Arte na solapa.

Un día cheo de arte en todas as súas vertentes!

Comentarios