O alumnado de 4º de ESO asistiu, o pasado 27 de febreiro, á representación en Rianxo da obra teatral A nai, de Amorodio Teatro.
O alumnado, acompañado das profesoras Cruz García Sumay e Luisa Taboada, aproveitou para facer un percorrido pola fermosa vila de Rianxo, visitando as casas dos célebres autores rianxeiros estudados na materia de Lingua Galega e Literatura: Castelao, Manuel Antonio e Rafael Dieste.
Comentarios
Publicar un comentario