Cromosomos X. LGTBI

Dentro do programa Cromosomos X, ao alumnado de 4º de ESO tocoulle abordar o tema da diversidade sexual. Aproveitando que estabamos no Día Internacional da Visibilidade Trans (31 de marzo), centrouse a atención nas persoas Trans.

Primeiro, o alumnado expuxo as súas ideas iniciais sobre os conceptos que engloban "sexo" e "xénero", para aclarar falsas crenzas e estereotipos. Despois explicouse a diferenza entre sexo biolóxico e identidade de xénero e expresión de xénero. Para rematar, visualizáronse diferentes vídeos sobre experiencias de persoas Trans. 



Comentarios