No marco do programa sobre sexualidade Cromosomos, leváronse a cabo dúas actividades con cada grupo de 1º de ESO. Na primeira sesión traballouse con algúns conceptos sobre sexualidade, desmontando falsos mitos, dando cabida a ordenar as ideas que tiña o alumnado sobre sexualidade e a responder as preguntas que xurdiron.
Na segunda sesión, o traballo centrouse en entender o significado de ser persoas cíclicas, en saber distinguir ciclo menstrual de menstruación e incidiuse no acompañamento respectuoso e empático cos cambios anímicos que xorden en cada unha das catro fases do ciclo.
Comentarios
Publicar un comentario