Encontro Interxeracional

 

O venres 28 de marzo, o alumnado de 1º e 2º de ESO acudiu, xunto ao alumnado do IES Macías o Namorado, a un encontro interxeracional organizado pola Mesa Local do Concello de Padrón. Neste encontro o alumnado tivo a oportunidade de compartir distintas experiencias sobre a vida cotiá e debater sobre as diferenzas que hai en relación ao estilo de vida que levaban os nosos avós, décadas atrás, facendo fincapé sobre todo nos papeis diferenciadores da muller e do home nos distintos ámbitos: educativo, laboral, do ocio... Moderou o debate o profesor de Socioloxía da USC Jorge García Marín.


 

Comentarios