O venres día 28 de febreiro celebramos de novo o Entroido no noso centro e, como é habitual, foi todo un éxito de festa e participación. O bo tempo animou a celebración, que puido desenvolverse nas pistas deportivas ao aire libre.
O alumnado apuntouse ao tradicional concurso de disfraces, que estivo moi animado grazas ás probas deseñadas por Carlos, o profe de Educación Física.
Ao final houbo premios, outorgados por un escollido xurado que valorou obxectivamente as propostas presentadas.
Podedes ver a galería con todas as fotos premendo aquí. Vémonos no Entroido do ano que vén!!
Comentarios
Publicar un comentario