Exposición XEAS

Nas semanas previas á Pascua tivemos, no noso instituto, o gusto de contar coa exposición "XEAS, MULLERES QUE ESTUDAN A TERRA". Trátase dunha exposición con lonas de gran formato que nos convidan a viaxar no tempo para coñecer a vida e os logros de 12 mulleres xeólogas de diferentes épocas, nacionalidades e contextos históricos, pero que teñen en común que todas deixaron unha importante pegada atrevéndose a desafiar a sociedade das súas épocas para facer historia como científicas.

É esta unha exposición itinerante propiedade de ENCIGA (asociación de ensinantes de ciencias de Galicia) e desde o club de ciencia do instituto organizouse a montaxe, as visitas do alumnado e algunhas actividades relacionadas, como a busca de respostas para completar fichas, lecturas sobre os logros das xeólogas e a elaboración de pasatempos con datos que se podían atopar nos textos da exposición

Comentarios