O alumnado do IES Camilo José Cela, galardoado nos Premios Reinterpretando a Asorey

O pasado xoves 27 de febreiro tivo lugar en Cambados o acto de entrega dos premios Reinterpretando a Asorey, convocados por este concello. O certame consistía en crear esculturas inspiradas na obra do famoso artista cambadés, que deixou na nosa comunidade obras relevantes como o monumento a Curros Enríquez nos xardíns de Méndez Núñez na Coruña, o monumento a San Francisco en Santiago de Compostela ou a estatua do aviador Loriga en Lalín.

A participación do alumnado do IES Camilo José Cela foi moi destacada. Dentro das 11 obras que foron seleccionadas polo certame para a súa participación, conseguiu un primeiro premio a alumna Lola Custodio e un accésit os alumnos Brais Cerqueiras e Rubén Abelleira.

O alumnado foi, ademais, agasallado cun acto de recoñecemento diante dos seus compañeiros e das súas compañeiras no salón de actos do centro o martes día 11 de febreiro.  

As obras, incluíndo as premiadas, están expostas en fronte da biblioteca do centro para que poidan ser apreciadas por todas as persoas que o desexen.


 

 

Comentarios