O alumnado de 4º de ESO do IES Camilo José Cela está desenvolvendo ao longo do presente curso un proxecto, titorizado pola profesora Marga Chamorro no marco do programa Prensa-Escola de La Voz de Galicia, sobre as necesidades da sanidade pública no rural galego. Podedes consultalo premendo neste enlace.
O pasado 11 de marzo tiveron a ocasión de entrevistar a Carlos Silva, pediatra durante 42 anos no concello de Dodro, que lles achegou moita información e experiencias de tantos anos exercendo a súa profesión. Tamén contaron coa visita, no marco deste proxecto, de Paula Castro e Christian Piñeiro, que se encontran realizando a súa formación en medicina familiar e comunitaria.
Comentarios
Publicar un comentario