Na materia de Psicoloxía, estiveron desenvolvéndose ao longo deste curso visitas dun día á semana ao centro de día Iglemen, moi próximo ao noso centro.
O alumnado interactuou coas persoas maiores e observaron os diferentes trastornos como o Alzheimer, a Demencia, Parkinson... A experiencia foi moi positiva para os dezaseis alumnos e alumnas participantes: mesmo queren manter a súa colaboración, polo menos, ata as vacacións de Pascua.
As persoas maiores do centro Iglemen tamén quedaron moi contentas coa atención do alumnado, de feito, nótase nos sorrisos cada venres ao chegar ao centro. Realizáronse xogos de memoria, musicoterapia, foron disfrazados no Entroido e ata houbo quen bailou a Macarena cos maiores!
Comentarios
Publicar un comentario