A vila do mañá

O proxecto A vila do mañá, impulsado pola arquitecta Sandra González Álvarez en colaboración coa Deputación da Coruña, trouxo ao patio do IES Camilo José Cela unha iniciativa moi interesante: debuxar un taboleiro de xogos que recollese nas súas celas os elementos característicos do rico patrimonio cultural do concello. Podedes consultar as características do proxecto premendo neste enlace.

A iniciativa foi acollida con entusiasmo polo alumnado de 3º de ESO, que na mañá do 10 de abril puxo mans á obra e culminou a tarefa de pintado que, como se pode apreciar, quedou de marabilla! Esta iniciativa mesmo tivo o seu eco na prensa, como podedes consultar premendo neste enlace.

Comentarios