Os
grupos de 3º A e B na materia de inglés recibiron unha visita máxica o martes 8 de abril: Elisa e
Ian Hamilton, unha maga e un mago que presentaron un obradoiro de maxia e realizaron
distintos trucos diante do alumnado.
A actividade desenvolveuse íntegra en inglés e o alumnado participou moi activamente. As barreiras idiomáticas tan temidas a priori pola rapazada desapareceron grazas á motivación e as características da propia actividade. Os participantes foron ademais agasallados cunha baralla de cartas voadoras.
Comentarios
Publicar un comentario