O martes, día 8 de abril, o alumnado de 2º de Bacharelato desenvolveu unha sesión, que ocupou as dúas horas da tarde, en que traballou habilidades de autoxestión emocional, de autocoidado e de planificación e organización, de cara ao intenso final de curso que se aproxima.
O encargado de impartir o obradoiro foi o psicólogo Carlos Vila, vello coñecido de varios dos presentes, pois é o formador das persoas mediadoras no noso centro e quen deseñou o programa de mediación entre iguais. Estivo axudado por Susana, colaboradora tamén noutra actividade similar realizada o curso pasado para o alumnado do mesmo nivel.
O encontro, como todos os que desenvolve Carlos, captou por completo o interese do alumnado, que recibiu unhas boas indicacións e recomendacións para desenvolver con éxito a súa actividade académica, sen esquecer o coidado persoal e o benestar psicolóxico e emocional.
Comentarios
Publicar un comentario