O alumnado de 4º e 3º de ESO participou o 25 de abril nunha charla impartida por
Santiago, da asociación Amino (Abuso y maltrato infantil NO) de
Galicia.
Durante a charla, pertenecente ao programa de prevención da violencia sexual infantil na adolescencia, Santiago axudou o alumnado a saber identificar os distintos tipos de abuso sexual. Tamén axudou a que apreciasen a importancia de identificar os sinais de alarma, a saber buscar as fontes de axuda máis axeitadas ante estas situacións e, sobre todo, a identificar e normalizar os posibles sentimientos e emocións que poden experimentar as persoas que sufriron algún tipo de abuso sexual.
Comentarios
Publicar un comentario