O alumnado de 1º de ESO visitou o Castro de San Cibrao de Las na xornada do 8 de abril de 2025. Alí participou en actividades e explicacións para entender a cultura castrexa.
Pola tarde, visitaron Ribadavia, vila medieval que conserva un singular barrio xudeu e no que recibiron unha clase de historia en vivo de mans da señora Herminia, única artesá oficial de Galicia de doces xudeus. Aínda que xa está xubilada, tivo o enorme detalle de explicar como foi o seu labor durante 33 anos.
Comentarios
Publicar un comentario