O alumnado de Proxecto Competencial de 3º de ESO visitou a Casa Museo de Rosalía de Castro o 24 de abril de 2025. Foron e viñeron andando desde o 1º ao 2º recreo, co acompañamento da súa profesora, Mercedes Vilas.
Visitaron as estancias da casa: cociña, o cuarto coa
cama onde morreu... Chamoulles a atención o piano, as fotos da familia, os poemas e os cadros pintados
polo seu fillo. A visita gustou moito ao alumnado, que apreciou o legado da nosa autora galega
máis universal.
Comentarios
Publicar un comentario