Por
segundo ano consecutivo, o equipo da Biblioteca do IES Camilo José Cela, coa
inestimable axuda de Lucía Rey e de Iago (alumno do Máster do profesorado)
organizaron o Torneo de xadrez durante o segundo trimestre deste curso 24/25.
Participaron un total de 20 alumnas e alumnos e resultaron finalistas Lucas
García e Pablo González, que foi o gañador da final. Estes dous alumnos pasaron entón a xogar o Torneo intercentros no IES Macías o Namorado.
Neste segundo torneo intercentros, no IES Macías o Namorado, os nosos campións tiveron tamén unha destacada actuación, quedando Pablo de terceiro.
Comentarios
Publicar un comentario