Actividade de protección ambiental

O alumnado de 1º de ESO participou o 22 de maio nunha acción de protección ambiental, coa recollida de refugallos e a súa posterior clasificación. A actividade, organizada pola ONG Chelonia en colaboración co Concello de Padrón, comezou cunha charla no centro, na que os alumnos e as alumnas foron instruídos nas tarefas que ían realizar.


A continuación trasladáronse á ribeira do Ulla, na parroquia de Herbón, onde traballaron toda a mañá e conseguiron limpar unha grande cantidade de lixo. Recibiron o merecido agasallo dunha gorra, unha bolsa de pano e unha merenda.


Comentarios