O día 15 de maio de 2025 foi moi intenso no IES Camilo José Cela. Xusto despois de realizar as sesións de avaliación de 2º de Bacharelato, preparámonos a toda présa para realizar o Acto de Graduación da promoción de Bacharelato 2023-2025.
O acto foi, como é habitual, moi emotivo. Estivo presentado por Noemí e Ainhoa e contou coa intervención de Xián Rial, outro alumno membro da promoción, que interpretou maxistralmente dúas pezas ao violín, a pesar do inconveniente do vento, que non conseguiu deslucir a emotividade do momento.
O ex-alumno Xairo Vecino abriu o acto cun discurso de despedida moi ameno, onde recordou anécdotas do seu paso polo centro e deu bos consellos ás persoas que se graduaban.
Os discursos do alumnado foron pronunciados por Miriam e Nerea, de 2º BAC A e por Daniel Iglesias, de 2º BAC B.
E como remate, logo do tradicional discurso do director, que tamén se despedía do centro, tivo lugar a imposición de bandas por parte das titoras, Mercedes Vilas e Marga Nogueira e a celebración coas familias deste momento tan destacado do curso académico. Para ver todas as fotos podedes premer neste enlace.
Comentarios
Publicar un comentario