O martes 13 de maio, para celebrar ao grande a Semana das Letras Galegas, mantivemos un encontro con Helena Villar Janeiro e Xesús Rábade Paredes, que nos achegaron a súa visión da celebración.
O alumnado de 4º de ESO escoitou con moitísima atención e interese a gran sabedoría e interesantes puntos de vista dos convidados e incluso se animaron a unha rolda de intervencións. Os convidados achegáronnos o seu punto de vista sobre a historia e a situación actual da literatura galega dun xeito ameno pero con moito rigor.
E a continuación dirixímonos á aula dedicada a Helena, onde realizou a inauguración oficial e a entrega de agasallos, en presenza dun grupo de alumnos e alumnas que estiveron pendentes en todo momento dos dous escritores e antigos docentes.
Comentarios
Publicar un comentario