As letras galegas deste ano foron dedicadas á tradición oral e as cantareiras, que preservaron o noso acervo cultural. No centro realizáronse diversas actividades relacionadas: exposicións de instrumentos musicais para unha foliada, presentación das cantareiras máis famosas de Galicia... E as nosas compañeiras pandereteiras foron cantando polas aulas unhas cantigas populares. Tamén tivemos unha demostración de música tradicional por parte da nosa compañeira Mónica que nos ensinou como é o xeito de tocar as culleres en Galicia.

Ademais o alumnado de 4º ESO de Música, elaborou un mural no que se xuntan a tradición e a vangarda, coa representación das seis mulleres galegas homenaxeadas e algunhas das que, hoxe en día, recollen o seu legado na preservación e difusión da música e a poesía popular oral.
Comentarios
Publicar un comentario