O alumnado de 1º de ESO realizou un obradoiro de prevención do acoso escolar o 14 de maio. Esta actividade, realizada por Alba Fernández da empresa Exeria, deu continuidade á sesión mantida con 1º de ESO en febreiro.
Trátase dun programa de intervención socioeducativa que intenta abordar o acoso escolar, coas súas características, consecuencias e alternativas, a través dunha serie de actuacións específicas, que se realizaron en formato grupal.O alumnado foi protagonista do obradoiro, a través das diferentes dinámicas, nas que puido expoñer e debater sobre vivencias acontecidas no seu período escolar.
Comentarios
Publicar un comentario