O mércores 21 de maio, o alumnado de 1º e 2º de ESO gozou dunha xornada de iniciación ao surf na praia da Lanzada, no concello de O Grove. O día foi espectacular e as ondas axudaron a que algún neno e algunha nena surfeara nelas.
Despois do surf houbo un xantar no merendeiro do monte Siradella. Alí realizaron unha pequena rota de sendeirismo e desfrutaron dunhas vistas espectaculares da península do Grove, da Illa de Sálvora e das Illas Cíes.
Comentarios
Publicar un comentario