O alumnado de 1º de ESO participou o martes 13 no Taller Toca Toca, unha actividade educativa dirixida por un biólogo especializado, na que puideron observar e tocar diferentes invertebrados como insectos pau e folla, bolboretas, unha tarántula ou, mesmo, ver un alacrán fluorescente.
A través dunha explicación amena e adaptada, o alumnado aprendeu sobre a ecoloxía destes animais, a súa alimentación, reprodución e a relación que manteñen co ser humano, comprendendo así a súa importancia nos ecosistemas e perdendo o medo que, ás veces, provocan.
Comentarios
Publicar un comentario