O xoves 19 de xuño, a Fundación Galega Camilo José Cela convidou o alumnado do 1º de ESO do noso IEs a asistir a unha charla sobre o mural colaborativo dedicado ao escritor premio Nobel padronés e representado na fachada dunha casa de Iria.
Os mozos e mozas do noso centro acercáronse a contemplar a obra e a continuación escoitaron atentamente como foi realizado o proxecto no que interviron varios artistas: un escultor, unha poetisa e uns muralistas galegos.
Comentarios
Publicar un comentario