O pasado venres día 20, dúas alumnas do noso centro foron agasalladas na cerimonia que recoñece os mellores expedientes de Galicia despois da realización das PAU. Ana Carril Gontán e Carla Gómez Bello tiveron a honra de figurar entre o alumnado de Galicia que superou o 9 na media xeral do Bacharelato e as PAU. Foron acompañadas polas súas familias e pola profesora Luísa Taboada. Parabéns!
Comentarios
Publicar un comentario