Para dar inicio ao novo curso e traballar a convivencia no centro, este martes 16 de outubro organizouse unha xornada de convivencia na que participou todo o centro educativo, desde o alumnado da ESO e de Bacharelato, ata o profesorado.
Levouse a cabo unha actividade que obrigaba ao alumnado a xuntarse en grupos diversos de distintos cursos, deste xeito, e sempre coa colaboración do alumnado de máis idade, foron integrándose e interactuando entre elas e eles. Xogaron, realizaron retos e plantaron cactos nas macetas do xardín.
Se clicades enriba da seguinte foto poderedes ver o vídeo que fixo o Club de Ciencia do IES, o Bioclaciencia:
Estas foron as instrucións para o alumnado:
Hoxe, nas dúas sesións da tarde, imos celebrar a nosa Xornada de Convivencia 🎉 🎉 🎉. Participará todo o alumnado e tamén o profesorado que teña clase.
Que imos facer? Aquí vai o plan:
1.Primeiro, na aula, lemos estas instrucións para que todo o mundo coñeza a actividade. Non esquezades baixar un boli ou un lapis! ✏
2.Cada persoa collerá dunha bolsa unha tarxeta sorpresa😮 😮 😮. Hai 15 categorías diferentes (froitas, animais domésticos, profesións, flores, insectos…) e en cada bolsa hai varias do mesmo tema.
3.Logo,
toca buscar quen ten outra tarxeta da mesma categoría ca ti. Así
xuntaredes os vosos grupos: os animais coas súas mandas, as flores
nos seus ramiños, os insectos no seu enxame…🌸🐾🐝
👉Ao
final haberá 15 grupos, todos con xente de distintos cursos.
4.Cada grupo irá ao lugar do patio que lle corresponde, identificado no plano.
5.Alí teredes unha ficha con xogos e preguntas para coñecervos mellor e reforzar a convivencia entre todas e todos.
6.Un dos retos máis divertidos: inventar unha pose orixinal e tola para a foto de grupo📸(lembrade que quen non teña permiso non pode saír).
7.Se aínda queda tempo, cada grupo plantará un cacto🌵 🌵 🌵ou unha planta semellante nas macetas da rampla que baixa á cancha de fútbol.
Vai ser unha tarde diferente, chea de risas, creatividade e convivencia. Non faltes, porque canto máis participemos, mellor o imos pasar!🎊🎊🎊














Comentarios
Publicar un comentario