O xoves 30 de outubro celebramos o Día de Defuntos cun concurso de cabazas e unha actividade para todo o centro consistente na dramatización, por parte de cada titoría, dun personaxe mítico galego: os de 1º da ESO foron de meigas e da Santa Compaña; 2º da ESO de Sacaúntos e mouros e mouras; 3º da ESO fixeron de trasnose Lavandeiras; mentres que os de 4º representaron a lobishomes e Cocas.
Os grupos de 1º e 2º da ESO participaron tamén no concurso de relatos de terror, que leron na biblioteca.
Se clicades enriba da seguinte imaxe podedes ver o vídeo que fixo o alumnado e a profesorado do Club de Ciencia, cun resumo do que argallaron na aula:
A continuación deixamos a descrición da actividade:
ACTIVIDADE PARA O SAMAÍN
Cada titoría da ESO deberá facer unha breve representación baseada nunha lenda galega. Deberán entre toda a clase (quen queira participar) teatralizar unha escena (máximo uns 5 minutos) baseada na lenda proposta; evidentemente disfrazaranse de tal xeito que logren transmitir a lenda en cuestión. Deben aparecer varios personaxes distintos, entre protagonistas, secundarios, figurantes... Por exemplo, se hai moito alumnado nesa titoría, pode haber varios lobishomes ou meigas...; varias persoas poden facer de xente do pobo, árbores, animais... Por exemplo, no caso da Santa Compaña: varias persoas poden ir de defuntos; un fará de vivo que leva a candea e unha ou varias persoas de xente que se atopa coa Santa Compaña e fan un ritual para que non os atrape. Alguén pode estar despistado e ten que ser a seguinte persoa que guía a Santa Compaña.
A titoría gañadora será obsequiada cunha rosca para comer en grupo (idea inicial).
Facemos unha proposta por titoría. Ao final hai máis opcións por se non lles gusta a que lles toca. Se cambian, facédenolo saber para evitar repetición entre os grupos.
A actividade é para realizar nas dúas últimas horas do xoves 30 de outubro (o venres é festivo). Se está bo día farase no patio; se chove, no pavillón.
Procuraremos un xurado entre alumnado, profesorado e persoal non docente para escoller a titoría gañadora.
























Comentarios
Publicar un comentario